A Trabe de Ouro
Podcast

A Trabe de Ouro

By Orgullo Galego

152
History

Somos Orgullo Galego, un proxecto de divulgación en lingua galega sobre cultura, tradicións, historia ou lingua. Chegamos a Ivoox para subir unhas conversas que tamén tedes no noso Spotify e Youtube. Aquí falamos sobre etnografía e antropoloxía, lingua e cultura, historia, medio ambiente, lingua ou actualidade. Para máis información podes seguirnos nas nosas redes sociais e visitar www.orgullogalego.gal

1-20 of 152
Patrimonio, Arqueoloxía e preservación | Fran Alonso, Tempos Arqueólogos

Novo capítulo do podcast A Trabe de Ouro no que falamos con Fran Alonso de Tempos Arqueólogos. Ao longo da conversa falamos sobre arqueoloxía, patrimonio e preservación, megalitismo, Illa de Tambo, a mítica cidade da Selva e moitos outros lugares. Lembra que esta conversa está tamén no noso Spotify e Youtube

Nov 3, 202645:48
A mitoloxía galega da morte | Conversa con Rafael Quintía

Conversamos co antropólogo Rafael Quintía sobre a mitoloxía galega da morte: Santa Compaña, Can do Urco, agoiros, Abellas, Avelaiñas, Raposa do Aire etc. Nesta mesma canle temos outra conversa con Rafa titulada: "O mundo da morte e das ánimas. Ritos e tradicións do tempo de defuntos" Lembra que esta conversa está tamén no noso Spotify e canle de Youtube

Oct 27, 20261:09:18
A historia desde a comarca de Monterrei | Ana Rivera, Camiñando Caratrás

Conversamos con Ana Rivera, responsábel do proxecto Camiñando Caratrás con quen falamos sobre o seu traballo de divulgación e a historia da comarca de Monterrei Lembra que este podcast está dispoñible tamén no noso Spotify e Youtube

Oct 24, 202639:28
A música galega ARRASA en Bruxelas | Karan Novo, Emigrasons

Continuamos no Parlamento Europeo para falar sobre a nosa terra, desta volta con Karan Novo, un dos organizadores do Emigrasons, un festival que aínda tendo moi poucos anos de vida e celebrándose en Bruxelas, xa é un dos festivais de referencia se falamos de música en galego Lembra que esta conversa está tamén na nosa canle de Youtube e Spotify

Oct 22, 202615:04
Que temos en común Galiza e Escocia? | Manuel Gago

Nesta nova entrega do podcast A Trabe de Ouro, falamos co xornalista e escritor Manuel Gago sobre o seu último libro, Ata que os mares sequen. Unha Escocia en clave galega. Unha conversa na que exploramos as conexións históricas e culturais entre Galiza e Escocia, a súa relación co mundo atlántico, as paisaxes, as tradicións e as identidades compartidas. Que temos en común galegos e escoceses? Que podemos aprender da súa historia e da súa maneira de entender o mundo? Unha viaxe por Escocia desde unha ollada galega! Lembra que esta conversa está tamén no noso Spotify e canle de Youtube

Oct 12, 20261:07:45
Gravamos este podcast dentro do Parlamento Europeo! | Ana Miranda

Visitamos o Parlamento Europeo por primeira vez e usamos os seus estudos para gravar un podcast sobre a presenza de Galiza en Europa e a importancia de achegar certas problemáticas do noso país. Conversamos con Ana Miranda, eurodeputada do BNG Lembra que esta conversa está tamén no noso Spotify e Youtube!

Oct 5, 202631:11
A montaña galega: rutas, cumios e consellos para descubrila

Nesta novo episodio do podcast de Orgullo Galego temos o pracer de contar connosco novamente con Jonathan Zúñiga, máis coñecido en redes como O Meigo do Tea. Para comezar un novo curso, tratamos as montañas galegas: Consellos para comezar co montañismo, experiencias, principais roteiros de montaña do país, recomendacións de rutas de sendeirismo, mantemento das mesmas, etc. Lembra que esta conversa está tamén no noso Spotify e Youtube

Sep 11, 20261:22:39
Conversa con Manuel Carballal. Meigas, OVNIS, a Inquisición e o galego inventor da ufoloxía

Nesta novo episodio do podcast de Orgullo Galego temos o pracer de contar connosco con Manuel Carballal. Manuel Carballal estudou Teoloxía e criminoloxía, especializándose na criminalidade asociada ás crenzas. Desde 1992 dirixe El Ojo Crítico única publicación especializada na investigación crítica dos fenómenos en fala hispana, e o blog El Archivo del Crimen Autor de obras como “Los Expedientes Secretos”, “El Secreto de los dioses” ou “La Vida Secreta de Carlos Castaneda”, é colaborador de revistas técnicas como Ciencia Policial, Guardia Civil ou Policía. Asesor de series como “Policías: en el corazón de la calle” e películas como “Luces Rojas”, é o contertulio máis veterano do programa “La Rosa de los Vientos” de Onda Cero. Actualmente publica as súas memorias como investigador na colección Cuadernos de Campo. Hoxe falaremos especialmente do seu libro: Meigas: las brujas sabias: Curanderas, chamanas y mujeres de poder en Galicia: 9 (Cuaderno de Campo) Nesta conversa facemos un percorrido sobre a criminalización das Meigas e todas as lendas que se crearon arredor destas mulleres sabias, tamén sobre Oscar Rey Brea o galego sabio e inventor da ufoloxía e por suposto non podemos deixar cuestións como os vínculos entre OVNIS e Meigas, os Corpos Abertos, etc. Lembra que esta conversa está tamén no noso Spotify e Youtube

Jul 1, 20261:36:40
Etnobotánica e Herbas de San Xoán. Significado, propiedades e importancia. Conversa con Pilar Silva

Nova conversa sobre etnobotánica, neste caso falamos sobre o seu significado e importancia, a súa relación co territorio e por suposto sobre o Cacho de San Xoán, herbas e propiedades. Para este conversa contamos con Pili Silva Moruja Traballadora social, Mediadora acreditada polo Ministerio de Xustiza e artesá certificada pola Xunta de Galicia. Como traballadora social desenvolveu a súa traxectoria en entidades de atención sociosanitaria e do terceiro sector da acción social. Exerce como docente impartindo formación profesional regrada nos ciclos superiores de Integración Social, Educación Infantil, Animación Sociocultural e Turística e no ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. Actualmente, cursa o Grao en Antropoloxía Social e Cultural. É autora de catro libros de formación sobre atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia e sobre actividades educativas de tempo libre e coautora, xunto con Rafael Quintía, do libro “Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega”. Conversa dispoñible no Spotify e Youtube

Jun 20, 20261:02:20
Galiza ten o mellor pan do mundo? Descubrimos o mundo do pan galego cun experto

Cal é o futuro do pan galego? Novo podcast no que contamos con Daniel Pampín, panadeiro, terceira xeración de panadeiros, propietario de Amásame en Pontevedra e tolo do mundo do pan en xeral.Traballou en Alemaña en varias panadarías en Galiza, nun muiño máis de dous anos e asesorou e asesora a varias panadarías. Con el falamos sobre a situación do pan en Galiza, como numerosos despachos están a pechar sen relevo, a cultura do pan na nosa terra, o pan máis representativo, que é a masa nai, avances do sector, etc.

Jun 4, 202651:52
Os Maios humanos de Vilafranca do Bierzo. Conversa con Héctor Silveiro

Unha nova conversa do podcast de Orgullo Galego, desta volta para coñecer os maios humanos de Vilafranca do Bierzo da man de Héctor Silveiro Héctor M. Silveiro Fernández, nado en Vilafranca do Bierzo no 1964, un dos fundadores da Escola de Gaitas da vila, a primeira do Bierzo no ano 1981, membro correspondente polo Bierzo na RAG desde o 2004, despois de realizar unha actividade na defensa do Galego do Bierzo en iniciativas como as Xornada da Lingua e Cultura Galegas no Bierzo ou a Comisión Cultural Martín Sarmiento que organiza desde xa hai varias décadas o Día do galego do Bierzo Nesta conversa falamos sobre a estructura e posibles orixes dos maios humanos, situación actual, como pode afectarlle o turismo, adaptación aos novos tempos, relevo xeracional, coplas e muito máis! Conversa tamén dispoñible no noso Spotify e en video no noso Youtube!

Apr 30, 202642:47
O deporte de base: Situación actual, retos e oportunidades

Nesta nova conversa do ciclo #SenOurenseNonHaiPaís toca falar sobre o deporte de base, retos e oportunidades, problemáticas e avances, papel institucional, influencia do mesmo a nivel social, etc Neste conversa contamos coas seguintes convidadas: ‍ Raúl Vasalo, membro da directiva do Club Baloncesto Allariz ‍ Rhut Reza, ex ximnasta, profesora de danza e concelleira do BNG na cidade de Ourense ‍ Ricki Serrano, rider de bmx ‍ Candela Bouzas, xogadora e capitana do Rosalía ❕Lembra que esta conversa está subida tamén en formato podcast no noso Spotify e en vídeo no Youtube

Apr 27, 202647:18
Migración en Galiza: Experiencia e retos contados en primeira persoa

Nesta nova conversa do ciclo #SenOurenseNonHaiPaís toca falar sobre migración, ademais cos protagonistas falando dun tema no que en muitas ocasións non se conta con eles. Diversas persoas que viñeron facer a súa vida a Galiza, contan como é o proceso de integración, a relación coa lingua galega, o seu papel sobre os discursos reaccionarios e de extrema dereita, o mundo laboral, etc. Neste conversa contamos coas seguintes convidadas: ‍ Ximena González ‍ Jainer Barros ‍ Sara Egas ‍ Venecia Guzmán

Mar 30, 20261:04:18
A Revolución Galega de 1846. O que se descubriu dous anos despois

Hai dous anos conversamos co César Caramês sobre a Revolución Galega de 1846, de carácter máis introductoria, tamén das novas descubertas que tiña feito, das batallas de Cacheiras e Sigüeiro, o papel de Faraldo e Solís, etc. De feito se non escoitaches aquela conversa, recomendámola antes de darlle a esta Primeira conversa: https://go.ivoox.com/rf/130916822 Case dous anos despois voltamos conversar para saber de toda a información e documentación recollida neste tempo, lembrade que o César leva anos investigando no Arquivo Militar de Ferrol e no Arquivo Provincial de Pontevedra entre outros. Falamos sobre os mitos construidos arredor desta data, a súa influencia na literatura e por suposto, do documental que sairá nas vindeiras semanas, un documental acompañado dun libro e dun facsímile da época

Feb 24, 202658:52
Os segredos do Entroido: Importancia e significado

Nova conversa deste ciclo chamado #SenOurenseNonHaiPaís no que falamos sobre o significado do Entroido, procesos de recuperacion, coñecemos diversos entroidos do país, como serve de ferramenta de combate contra a aculturación e disolución cultural,, problemáticas como a masificacion e a turistificación, o seu papel como reforzador social, etc. Nesta conversa podemos coñecer parte dos seus traxes de entroido e tamén o papel da mocidade no mantemento e recuperación desta festividade. Nesta conversa contamos con dúas mesas nas que participaron: Primeira mesa: Rafael Quintía - Antropólogo e estudoso do entroido Iván González membro do Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba) Samanta Barreira, concelleira de cultura, festexos e turismo de Verín Segunda mesa: Alex Pérez - Felo de Maceda Mirian Opazo - Pantalla de Xinzo Lucía Randino - Troteira de Bande Carla Domínguez - Troteira de Bande Ademais entre a primeira e a segunda mesa tedes un vídeo de Ana, do Entroido da Xironda. Lembra que esta conversa está subida tamén en formato podcast no noso Ivoox e Spotify

Feb 11, 20261:31:51
O papel da fotografía e da divulgación na tradición. Conversa co fotógrafo Roberto de la Torre

Presentamos a sexta e derradeira conversa conversa destas V Xornadas do Entroido de Galiza que vimos desenvolvendo de xeito virtual desde o ano 2022. Nesta nova conversa contamos co fotógrafo Roberto de la Torre, unha das grandes persoas na fotografía da tradición. Con el conversamos sobre o seu traballo, o proxecto Microcosmos pero tamén sobre o papel e interferencia do fotógrafo na tradición, a divulgación, masificación e moitos outros temas Instagram para seguir os traballos de Roberto de la Torre: https://www.instagram.com/rober.delatorre/

Feb 10, 202641:18
O Entroiro da Fonsagrada

Presentamos a sexta conversa conversa destas V Xornadas do Entroido de Galiza que vimos desenvolvendo de xeito virtual desde o ano 2022. Nesta nova conversa contamos con Lucía Arias e Marina Rancaño quen nos vai contar o seu proceso de recuperación, ritos e figuras, participación da xente do lugar, como enfrontan o proceso de poboamento na recuperación cultural, etc

Feb 9, 202622:00
O Entroido de Ribadetea

Presentamos a quinta conversa conversa destas V Xornadas do Entroido de Galiza que vimos desenvolvendo de xeito virtual desde o ano 2022. Nesta nova conversa contamos con Jhonathan Zúñiga, membro do Entroido de Ribadetea quen nos vai contar o seu proceso de recuperación, ritos e figuras, participación da xente da parroquia e muito máis. Lembra que tamén está subida no noso Ivoox e Spotify en formato podcast.

Feb 6, 202657:06
O Antroido de Cerqueda (Malpica)

Presentamos a cuarta conversa conversa destas V Xornadas do Entroido de Galiza que vimos desenvolvendo de xeito virtual desde o ano 2022. Nesta nova conversa contamos con Rosario e Begoña quen nos van presentar o Antroido de Cerqueda (Concello de Malpica), as súas figuras, os seus ritos, o proceso de recuperación, a participación da xente da zona e muito máis! Lembra que tamén está subida no noso Spotify e tamén en vídeo no Youtube

Feb 5, 202631:32
Mascaradas do Val do Támega e adxacentes: Influencias e confluencias. Conversa con Nieves Amado

Presentamos a terceira conversa destas V Xornadas do Entroido de Galiza que vimos desenvolvendo de xeito virtual desde o ano 2022. Nesta conversa contamos con Nieves Amado Rolán: Natural de Laza. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC, mestrado en xestión integral do patrimonio cultural pola USC. Arqueóloga de profesión, pero sempre foi investigadora da arte, historia e etnografía da comarca de Monterrei, a súa comarca. Membro do Consello da Cultura Galega na sección de patrimonio e BB culturais.. Nesta conversa falamos dos entroidos e mascaradas da conca do Támega, sobre os seus entroidos Tradicionais e das semellanzas e diferencias entre o traxe e máscara das súas figuras. Que semellanzas hai entre un Peliqueiro e un Felo? Cal é o motivo de ter figuras semellantes en Riós ou Rebordechao? Que significado ten o entroido e cales poden ser as súas orixes? Lembra que tamén está subida no Spotify e tamén no Youtube

Feb 5, 202653:13

We use analytics

We use Umami, a privacy-friendly analytics tool, to understand how visitors use this site. No personal data is collected and no data leaves our EU servers. You can accept or decline below. Privacy Policy