Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns
Efervesciencia

Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns

Mar 14, 2019
57:11
S12 · E466
-(0)

About this episode

Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estáticos. Campos magnéticos que o noso compañeiro César Goldi vai experimentar no seu cerebro... Somos o que comemos, dise moitas veces. É dalgún xeito esta é unha gran verdade. Nos nosos osos vanse fixando átomos de carbono e nitróxeno que proveñen das proteínas que consumimos. Pero non todos os átomos de carbono ou nitróxeno pesan o mesmo, xa que presentan isótopos estables. Así que Medindo a proporción entre os isótopos de cada elemento os investigadores poden facerse unha idea da dieta dun individuo a partir da análise dos seus osos. Esta noite coñeceremos grazas polo uso destas técnicas por parte dos investigadores tanto a historia “negra” de como o millo acabou formando parte da dieta dos galegos coa antropóloga física da USC Olalla López Costas, como os indicios que nos levan a pensar que os raposos tamén foron domesticados na idade de bronce con Eva Rodríguez da Axencia SINC e Aurora Grandal, profesora de antropoloxía na Universidade da Coruña.

Comments

Rate this episode

Episode Details

Show Type
full
Audio Format
audio/mpeg

We use analytics

We use Umami, a privacy-friendly analytics tool, to understand how visitors use this site. No personal data is collected and no data leaves our EU servers. You can accept or decline below. Privacy Policy