Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa
Efervesciencia

Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa

Oct 6, 2022
58:06
S16 · E606
-(0)

About this episode

(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](https://www.proyectostatwars.es/)" no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial. (13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos mandedes un chío de twitter con algunha suxestión de peza musical relacionada coa ciencia. (48:20) O pasado venres o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC celebrou a *Ocean Night* cun concerto do músico Abraham Cupeiro no auditorio Afundación de Vigo ao fío do proxecto "Neuston III". Cóntannos a experiencia o propio Cupeiro e Pepe Pintado, Vicedirector de Cultura Científica do IIM-CSIC.

Comments

Rate this episode

Episode Details

Show Type
full
Audio Format
audio/mpeg

We use analytics

We use Umami, a privacy-friendly analytics tool, to understand how visitors use this site. No personal data is collected and no data leaves our EU servers. You can accept or decline below. Privacy Policy