About this episode
A nova entrega, Godzilla Minus Zero, dirixida de novo por Takashi Yamazaki, vai camiño de se converter na de máis éxito de toda a saga do famoso monstro. Despois de 39 filmes, Godzilla segue a chamar a atención do público. Na súa nova película, ambientada en 1949, as personaxes humanas aínda se están a recuperar do trauma da catástrofe nuclear e do último ataque do lagarto xigantesco, acontecido dous anos antes. Por se isto fose pouco, agora aparece un novo monstro, Ghidorah, un réptil voador que está a devastar un país xa de seu moi castigado. A última esperanza dos protagonistas é chamar a Godzilla para que ambos os monstros combatan entre si, coa intención de que un morra e o outro quede debilitado. Entre batalla e batalla de criaturas enormes, este filme trepidante tamén atopa tempo para introducir simboloxía antinuclear e antibélica. Lembra que agora podes vernos en vídeo na nosa nova canle de YouTube, que atoparás na ligazón da nosa bio. Grazas unha vez máis a @oficinarua por deixarnos usar o seu espazo! Se queres estar ao día das novidades, podes seguirnos na nosa conta de Instagram, @oteleclube. E non deixes de escoitar os episodios anteriores en YouTube, iVoox e na web d’O Salto Galiza.
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg
