

Todos os podcast | A crónica deportiva
By AGalegaAudio
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Con Nolito, ex futbolista do Celta, Pepe Capelán, xornalista da Radio Galega e Carlos Morán, director do documental "Dépor, voa". Coa colaboración de Alfonso Núñez e Óscar Méndez.

Carlos Crespo tráenos a Aprendiz, o proxecto musical do lalinense Nicolás Hermida. No seu álbum debut, ‘Campo’, publicado este ano, mestura rap, música de raíz, rock e canción de autor

Con Maikel Naujoks, ex do Dépor que debutou o día da despedida de Bebeto, con Brais González, xornalista galego de DAZN e con Marcos Ordóñezs, o noso árbitro para analizar as xogadas polémicas. E coa colaboración de Jessica Figueroa e Älex Reza

Noveno episodio do noso Podcast sobre baloncesto. Con Pedro Pablo Alonso e Tomás Alonso . Adestrados por Yago Casal con Charlie Uzal coma convidado

Con Sergio Portela, escultor elixido para a estatua de Iago Aspas, cos apuntamentos de Raúl Varela, xornalista galego en Radio Marca e conJavi Beltrán, xornalista de AS en Bilbao. Tamén coa colaboración de Jessica Figueroa e Borja Melchor

Con Diego Villares, capitán do Deportivo, con Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega e con Alberto Amorín, creador de vídeos sobre a historia do Dépor. Coa colaboración de Mauro Picatoste e Alberte Montes.

Carlos Crespo tráenos a Hermanos Visi, uns xemelgos pontevedreses que acaban de publicar con Ernie Records o seu debut: ‘Cómo sobrevivir a la noche

Con Santiago Russo, xornalista de ESPN, Kevin Cabado, responsable do Dépor Abanca. Merco López, experto en Segunda División e Miguel Caride, coleccionista de camisetas do Celta. E coa colaboración de Óscar Martínez e Oóscar Méndez

Oitavo episodio do noso Podcast sobre baloncesto. Con Pedro Pablo Alonso e Tomás Alonso . Adestrados por Yago Casal con Tonecho Lorenzo coma convidado

Repasamos a actualidade deportiva co adestrador do Celta, Claudio Giráldez, coa análise do director do Diario "As" Xosé Félix Díaz e cos tamén adestradores David Catalá e José Luis Oltra.

A Juventus de Turín, o Olympique de Marsella e o Celtic de Glasgow son os principais rivais cos que se medirá o Celta na fase de grupos. Falamos con Víctor Lopez do sorteo da Europa League e do partido de onte ante Osasuna. Repasamos a actualidade do Deportivo e toda a previa da primeira xornada da Primeira Federación. E escoitamos as presentacións no Obradoiro e no Breogan.

Previa do Celta-Osasuna. Falamos da fichaxe de Adama polo Dépor con José Ángel Salgado, 'Peli'. Escoitamos a Djalminha na presentación do seu libro e entrevistamos a Eduard Lamas no seu regreso ao Liceo despois de gañalo todo en Portugal co Benfica e co Porto.

Contamos a última hora do "caso Yeremay". O Dépor non recibiu ofertas polo xogador. Distintas fontes aseguran que o futbolista estivo onte na localidade inglesa de Hull negociando a súa fichaxe. O celtista Manu Fernández marcha traspasado ao Cádiz como avanzou a Radio Galega.O Celta ten opción de recompra. Presentación de Ainhoa Gomez no Dépor Feminino. O ciclista galego Carlos Canal, falou coa TVG antes de marchar a Mónaco onde o sábado arranca a Volta a España. Entrevistamos a Yago Barreto, responsable de organización da Pantin Classic.