About this episode
Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada” Non é unha biografía convencional, xa que busca entender como era Castelao antes de se converter nunha icona. As cousas así, céntrase en dous momentos fundamentais: o seu labor como médico en Rianxo durante a gran gripe de 1918 e a viaxe a Bretaña coa súa dona tras perderen o seu único fillo en 1929.
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg
