About this episode
A compañía Excéntricas leva a escena 'As desterradas', a peza coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. O texto conta a resistencia das monxas bieitas do mosteiro de San Salvador de Albeos, cando a coroa de Castela e a xerarquía eclesiástica pretenden desposuílas dos seus bens e expulsalas a Compostela. Quico Cadaval dirixe a montaxe, que conta cun elenco formado por Belén Constenla, Melania Cruz, Rebeca Montero, Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira. Conversamos coa dramaturga, o director e unha das actrices.
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg
