About this episode
A nova montaxe de Ibuprofeno Teatro narra a vida do pai de Santiago Cortegoso, un dos 1.600 traballadores do asteleiro Ascón que quedaron na rúa en 1984. Oito intérpretes dan vida aos protagonistas da historia, que inclúen políticos e celebridades da época, a través dunha charanga que lle pon banda sonora en directo. O espectáculo estréase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña os días 7 e 8 de febreiro. Ao longo deste mes tamén haberá funcións en Moaña, Carballo e Vilagarcía. A xira de 'Reconversión' pasará máis adiante por Cangas, Ourense, Lugo, Vigo e Narón entroutras localidades.
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg
