A tarde 20-01-2026
Todos os podcast | A tarde

A tarde 20-01-2026

Jan 20, 2026
3:56:51
-(0)

About this episode

Podemos adestrar calquera mascota? É a intelixencia dos animais semellante á dos humanos? Octavio Villazala tenta responder a estas preguntas. Imos a Sandiás para subirnos nunha das "furgotecas" que percorren o rural galego levándolle libros á veciñanza. Remedios Cid dinos como funciona este servizo. Interesámonos polas propostas que levan os concellos galegos á Feira Internacional de Turismo de Madrid. O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, explícanos a do xeodestino Ribeiro-O Carballiño, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, a da Asociación do Camiño Ría de Muros-Noia. Para facer camiño son as zapatillas dunha marca de calzado galega chamada "Area Nostra". Falamos co seu fundador, Arturo Vázquez. Imos xantar a un dos mesóns máis populares da Coruña, Bodega Órdenes. Manuel González cóntanos que árbores ou plantas podemos sementar nesta época do ano. No apartado cultural do programa Mónica Maneiro comenta a exposición que a Fundación Luis Seoane lle dedica a Guillermo Monroy e Belén Regueira conversa con Patricia Molíns, comisaria da retrospectiva da obra de Maruja Mallo que acolle o Museo Nacional Reina Sofía. Para rematar Maximino Pérez dinos cales son os inimigos da batería do noso coche.

Comments

Rate this episode

Episode Details

Show Type
full
Audio Format
audio/mpeg

We use analytics

We use Umami, a privacy-friendly analytics tool, to understand how visitors use this site. No personal data is collected and no data leaves our EU servers. You can accept or decline below. Privacy Policy