About this episode
Carla Mosquera e Tito Rober improvisan esta Tarde. O biólogo Xavier García Galdo fálanos da presenza de candorcas e carabelas portuguesas nas costas galegas. Visítanos o Tiktoker Juan Sieira. Acompañamos aos vixiantes voluntarios dos montes das Somozas. Odón Castro, da asociación Agromuralla, explícanos como están levando forraxe a Ourense para atender o gando afectado polos inendios. Presentamos unha empresa de San Cibrán das Viñas que leva máis de tres décadas fabricando carrozas para espectáculos. Carlos Díaz lévanos de viaxe pola provincia de Pontevedra. Con Marta Cousiño, da Fundación Amigos de Galicia, coñecemos unha campaña de doazón de material escolar a alumnos que o necesitan. Marga Tojo trae na súa mochila libros de poesía. Begoña Vázquez conversa con Carla Simón, a directora de "Romería", unha película rodada en Vigo. Subímons ao escenario coa orquestra Suavecito e Moncho Lemos evoca a traxetoria de Manuel de la Calva.
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg