About this episode
Cal é esa canción que non aturas escoitar máis? Preguntómosllo aos oíntes e ao músico Marcos Mella. Na parrilada Gardel de Arteixo organizan un concurso de comer chuletón. O seu propietario Raul Gutiérrez dinos en que consiste. En Becerreá levaban catro anos sen panadería. Acaban de abrir unha e visitámola. Falamos con toda unha artista da decoración con papel, Cristina Velasco. Celebramos a reapertura en Vigo de Diversum, unha cafetería atendida por persoas discapacitadas. En Lugo falamos con Pepe Vázquez, terceira xeración de churreiros. Comentamos co xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia, Juan Antonio Cuellar, os concertos de balde que ofrecerá a formación na Coruña. Tamén na Coruña abordamos coa axente inmobiliaria Isabel Cotelo o problema do encarecemento da vivenda. Mónica Maneiro fálanos da exposición de Alberto Ardid na galería Trinta e Maximino Pérez da reforma dos exames de conducción.
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg