

Todos os podcast | En xogo motor
By AGalegaAudio
Toda a actualidade do motor, con cobertura do campionato galego de rallies e cobertura das principais probas nas que participan pilotos galegos. Desde esta temporada, o domingo ás 23:00

Na sección semanal de motor analizamos a proba desputada nos Concellos de Tordoia e Cerceda, co local David Rivas coma gañador, e coñecemos máis en profundidade á piloto Ruth Ortega

Carlos Crespo tráenos a Minguante , un dúo de pop e canción de autor formado por Óscar Martínez e Miguel Alonso

Sétimo episodio do noso Podcast sobre baloncesto. Con Pedro Pablo Alonso e Tomás Alonso . Adestrados por Yago Casal con Isaac Vázquez, Sony Vázquez e Raquel carrera coma convidados

A última cita do CGR foi a protagonista da revista de motor desta semana. O Rally Ourense Ribeira Sacra gañouno Alberto Meira, que asegurou ademáis o subcampionato. Tamén repasaron o acontecido no Rally Asturias Histórico, homenaxe a Cárlos Sáinz, e a proba do Campionato de España de enduro disputada en Galicia nas últimas datas.

Na revista semanal deste domingo repasaron o último programa da TVG "En Xogo- Todo Motor - Trata de Arrancalo". Estiveron convidados o piloto Alberto Meira e o patrón de Recalvi Chema Rodríguez.

Esta semana completaron a cobertura do rally San Froilán, con protagonismo para os vencedores das copas de promoción e tamén para os organizadores da cita desputada en Barbadás esta fin de semana.

A revista do motor atendeu ás dúas citas ralísticas da fin de semana. No CGR o San Froilán venceuno Meira, por diante de Lamela e Dorado. No SCER, o mítico Rally de Catalunya pechou a temporada nacional, con podio para o galego Iván Ares.

O protagonista da sección de motor foi o ourensán Miguel Gayoso, que ven de proclamarse campión da Copa Clio no SCER.

A antepenúltima proba do CGR gañouna Dani Berdomás, proclamándose campión do certame. O coruñés e máis pilotos foron os protagonistas do programa.

Os protagonistas da revista do motor foron os coruñeses Álvaro Muñiz e Brais Mirón, co máis salientable do seu paso polo En Xogo -Todo Motor - Trata de Arrancalo

A vitoria de Cohete Suarez no Princesa de Asturias, o nacional de Trial en Vimianzo e as 24 Horas de Le Mans virtuais foron os temas principais do Galicia en Xogo Motor desta semana.

A cuarta cita do Campionato de España de Rallis de Terra tivo lugar na bisbarra de Bergantiños, con final no circuito de Autocross de Carballo. Gañou Iván Ares por diante do lucense Paco Dorado.

Falamos con Édgar Vigo, que coa súa copiloto Fátima Ameneiro, participa nas probas do Rally Asia Pacífico. Jorge Area explícanos en que consiste a campaña "Competimos pola distonía"

A quinta cita do CGR levou aos pilotos e copilotos aás terras do Sur do Condado. Nas súas estradas voltaron a loitar Berdomás e Meira, con trunfo para este último, grazas a un problema mecánico do líder do campionato.

Na revista do motor desta semana analizaron a segunda cita galega do SCER e escoitaron a tódolos protagonistas dende o parque pechado da rúa Policarpo Sanz, en Vigo.

Os protagonistas da sección de Motor foron Néstor Casal e Miguel Gayoso, convidados do programa da TVG En Xogo - Trata de Arrancalo