
![[Arte] Coñecemos o proxecto "Tinta de Fol". Conversa con Sabela Olivares e David Cuence](https://static-1.ivoox.com/audios/c/a/a/c/caac1df2d3ca1ff5adc654c2dc299234_XXL.jpg)
[Arte] Coñecemos o proxecto "Tinta de Fol". Conversa con Sabela Olivares e David Cuence
About this episode
Nesta nova conversa de Orgullo Galego temos de convidadas a Sabela Olivares e David Cuence. Tinta e sons chegan a esta mostra que tenta ampliar as sensacións. Unha colección de pintura abstracta que transforma as ondas sonoras en pinceladas negras e grises. Composicións musicais da artista Sabela Olivares harmonízanse coa tinta chinesa sobre o papel da man do ilustrador David Cuence. David Cuence Na súa pintura mestúranse temas mariños e terrestres con reivindicación social e unha tradición musical con especial atención ao xesto e ao retrato humano. Con esta exposición comeza a explorar un novo camiño dentro da abstracción. “Door” (banda deseñada escrita por Antonio Martínez Ron, 2017) e Sintaxe (cofundador e deseñador de marca e de produto, 2018). Tamén é creador de diferentes produtos relacionados coa cultura galega como “Barallada”, “Galician Rock Stars”, “Sebo de Ghrilo”, etc. Sabela Olivares Dedícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos. Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais que desembocaron na gravación de diversos traballos discográcos como A Companhía do Ruido (2005), Pensares galegos (2013) e O Punchi must go (2018) entre outros. No ano 2022 publica dous libros de valses para gaita e piano e colabora noutras publicacións como As que dormen entre o centeo (2023).
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg