About this episode
Xosé Lois Romero e Aliboria están a destacar no panorama galego pola súa creación musical que combinan os sons máis primitivos, as voces da muller tradicional todo mesturado nun produto adaptado a este século XXI. Sen dúbida agora mesmo son un dos referentes da música galega tanto polo seu propio proxecto como pola participación dalgúns en Baiuca, ese grupo que mestura folk e electrónica, que está a percorrer toda a xeografía levando Galiza ben lonxe e con quen tamén conversamos nesta canle. Nesta conversa falamos sobre como naceu o seu interese pola música tradicional, como naceu o proxecto Xosé Lois Romero e Aliboria, a situación da música galega e en especial da música tradicional, a importancia de levar fóra a nosa música, vindeiros proxectos e moito máis! Emitido o mércores 14 de Decembro de 2022
Comments
Rate this episode
Episode Details
- Show Type
- full
- Audio Format
- audio/mpeg
