[Música] O Rabelo, referente da nova música galega
A Trabe de Ouro

[Música] O Rabelo, referente da nova música galega

Apr 20, 2023
45:27
-(0)

About this episode

Hai unhas semanas demos inicio a unha serie de conversas que desenvolveremos nestas 6 semanas e que están encadradas dentro dun proxecto impulsado pola Cooperativa Suseia e que conta coa colaboración da Área de Patrimonio da Deputación da Coruña , proxecto no que Orgullo Galego fai parte mediante emisións en Twitch e difusión en redes. Este proxecto xunta o noso patrimonio e a música en galego e aposta por xerar referentes musicais no noso idioma mais tamén referentes históricos e culturais. Todos os luns o perfil de Youtube da Deputación da Coruña publicará un videoclip que servirá como arranque para comezar coa difusión no resto de redes. Vai o videoclip do Rabelo con Peter Petrowski: https://www.youtube.com/watch?v=GmoOZV32yEo A olaría de Buño coma selo artístico de toda unha comarca. O Forno do Forte como un símbolo de construción que servíu como vivenda e obradoiro a ducias de familias de oleiros. O Rabelo interpreta neste forno o seu tema III, "Muinheira", unha cantiga tradicional mesturada cunha base techno. Un tema que pretende romper cos cánones sociais establecidos, sen esquecer a nosa tradición e o papel que a familia desempeña no noso desenvolvemento como individuos. Unha antiga casa de oleiros que servíu durante décadas como sustento de moitas familias, e un forno que segue vivo e forma parte do #PatrimonioInmaterial da veciñanza da Costa da Morte. Nesta conversa falamos sobre o seu percorrido como artista, a experiencia gravando neste espacio, situación da música en galego e moitísimos temas que non debes perder! Emitido o mércores (cuarta feira) 19 de Abril ás 20h00 (ano 2023)

Comments

Rate this episode

Episode Details

Show Type
full
Audio Format
audio/mpeg

We use analytics

We use Umami, a privacy-friendly analytics tool, to understand how visitors use this site. No personal data is collected and no data leaves our EU servers. You can accept or decline below. Privacy Policy