O rito do Abellón. O libro negro das zoadeiras
A Trabe de Ouro

O rito do Abellón. O libro negro das zoadeiras

Nov 5, 2024
50:57
-(0)

About this episode

Nesta conversa falamos sobre o Rito do Abellón, esa danza arredor do finado da que falaba Alfredo Brañas nun dos seus poemas. Nesta conversa contamos con Xoán-Xil López e Mauro Sanín quen editaron o libro co mesmo nome mediante acentral Folque. Con eles falaremos sobre o papel da morte e das abellas, os sons deste rito, posibles significados, etc. Xoán-Xil López Artista sonoro e investigador cuxo traballo vira en torno á práctica fonográfica (gravación de campo) e a experimentación sonora adquirindo a forma de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos. Estudou musicoloxía e doutorouse en Belas Artes coa Tese Sinal/Ruído. Mauro Sanín É deseñador industrial, músico, docente e xestor cultural. Como músico é coñecido polo seu nome artístico Ariel Ninas, zanfonista en diferentes proxectos desde os que traballan coa tradición máis recreacionista (Tralo-Valo, Cantos de Cego da Galiza e Portugal) á vangarda máis experimental (Ulobit). A continuación deixamos a playlist do Abellón: https://youtube.com/playlist?list=PLMXG3ELwDFSU7ncN-MfVw4_YtdxMYb7BL&si=DpGK86kovtqasuSb

Comments

Rate this episode

Episode Details

Show Type
full
Audio Format
audio/mpeg

We use analytics

We use Umami, a privacy-friendly analytics tool, to understand how visitors use this site. No personal data is collected and no data leaves our EU servers. You can accept or decline below. Privacy Policy